viernes, 28 de junio de 2019

Equality



Equality 
Speaking English

Lyrics and class debate. CLASES DE INGLÉS EN IGUALDADE


SHANAWA TWAIN- SHE’S NOT JUST A PRETTY FACE

She hosts a T.V. show, she rides the rodeo She plays the bass in a band
She's an A___________



Valet parking: the service offered by a restaurant, hotel, etc. of putting your car in a parking space


A valet at the parking lot
A F_________ working the land
She is a champion, she gets the gold
She's a B________, the star of the show


           
She's, not, just a pretty face
She's, got, everything it takes
She has a fashion line
A  J_____________ for "Time"
Coaches a football team
She’s a G_______________,
a romance N____________



She is a S_____________
She’ll save your life

She is a mother of three
She is a S___________
She is a wife


She's, not, just a pretty face
She's, got, everything it takes
She is mother of the human race
She is not just a pretty face

Oh, oh, yeah
Oh na, na, na, na
She is your W____________,
She is your J_____________


She is your T ___________,


SHE IS EVERY WOMAN IN THE WORLD
Oh, la, la, la
She flies an airplane
She drive a subway train
At night she pumps gasoline
She is on the council, she's on the board
She is a P___________, she praises the Lord

She's, not, just a pretty face
She's, got, everything it takes
She is mother of the human race
She’s not…

No, she's (she's) not (not)
Just a pretty face
She's (she's) got (got), everything it takes
She's, not, just a pretty face
She's got everything it takes
She's not just a pretty face
SHANAWA TWAIN- SHE’S NOT JUST A PRETTY FACE
1-Can you explain the title of the song?

2-Explain the meaning of this message: “She is every woman in the world.”

3-What other jobs does she do? Justify your answer:
e.g.  She flies an aeroplaneà She is a pilot







4- CLASS DEBATE! The song mentions some jobs that used to be unusual for a woman. Do you think women can do the same jobs as men? Do you think women nowadays have the same opportunities to find a job as men?


5-Pronunciation: Circle the part of  words pronounced as
 Example: mother   Then listen to the song to check

Band              astronaut              farmer             land        ballerina          journalist

Soldier           surgeon               face              waiter             judge             teacher

Can you add more words?
JOBS
ASTRONAUT  
VALET PARKING
FARMER
BALLERINA
JOURNALIST
GEOLOGIST
NOVELIST
SOLDIER
SURGEON
WAITRESS
JUDGE
TEACHER
POLITICIAN
cANCIÓN:



martes, 25 de junio de 2019

A BIBLIOTECA, POLA IGUALDADE


A biblioteca foi unha das pezas claves no desenvolvemento do Proxecta  "Por 365 días de respecto e igualdade. 

Os 25 minutos do Plan Lector que o alumnado ten todos os días,  servíronnos para introducir lecturas sobre  xénero  durante as xornadas organizadas arredor do 25N e 8M. Creamos batallóns literarios que ían lendo textos escollidos con diferentes temáticas relacionadas coa muller, polas diferentes aulas do instituto. Foi unha actividade que tivo enorme éxito.

Tamén desde a Biblioteca se  continuou coa actividade de abordar unha liña temática para cada mes do curso. Os fondos relacionados co tema en cuestión colocáronse, durante un mes, na mesa central habilitada para exposicións temporais. Preparáronse carteis informativos sobre o asunto e permitíuselle ó alumnado acceder a uns fondos polos que, noutras circunstancias, non se interesaría. A temática da muller estivo presente no mes de novembro e no mes de marzo.
Esta liña temática viña acompañda de exposicións temporais. Estas exposicións estiveron cheas de suxestións, de información sobre os temas tratados en cada ocasión, de material bibliográfico; de alusións ás distintas efemérides e acontecementos que se foron producindo ó longo do ano, así como de material bibliográfico relacionado con todos os acontecementos e con todos os temas tratados. No mes de novembro e no mes de marzo, estas exposicións estiveron relacionadas coa muller:
Novembro: A eliminación da violencia contra as mulleres.
            Marzo: Día internacional da muller. A arte e a Ciencia.

AS MATEMÁTICAS, POLA IGUALDADE!




As clases de matemáticas tamén son feministas! Ao longo de todo o curso, o noso alumnado traballou arreo con actividades de índole moi distinta. Defenderon o respecto e a igualdade: 

1ª AVALIACIÓN
-          Utilizando SEMPRE  linguaxe inclusiva nos enunciados dos seus exercicios, así como na docencia do día a día.
-           Traballando  na aula a figura de  importantes  mulleres matemáticas, desde Hipatia de Alejandría á iraní Maryam Mirzakhani,  primeira muller en conseguir a medalla Fields, en 2014. O alumnado fixo traballos sobre todas elas. Sempre se insistiu na dificultade que as mulleres científicas sufriron ao longo de todos os tempos.
-          Visionado da película: The imitation game (“Descifrando el enigma”), que trata sobre a dificultade que ten unha muller que quere participar nun  proxecto de alto estado e, polo feito de ser muller, atópase con mil atrancos. Fíxose un debate posterior co alumnado reflexionando sobre esta situación.

2ª AVALIACIÓN
-          Utilizando SEMPRE  linguaxe inclusiva nos enunciados dos seus exercicios, así como na docencia do día a día.
        O 7 de marzo leuse na clase un trozo dun capitulo de "Mujeres, manzanas y matemáticas. Entretejidas" de Xaro Momdedeu Moreno, no que se relata como a princesa Dido funda Cartago resolvendo o problema isoperimétrico, para revindicar a intelixencia feminina e falamos de outras matemáticas na historia. 

-          Traballando a estatística con gráficos nos que o alumnado analizou, por un lado, as vítimas de violencia de xénero nos últimos 10 anos e, por outro, a violencia de xénero no ano 2018, mes a mes.

3ª AVALIACIÓN
-          Utilizando SEMPRE  linguaxe inclusiva nos enunciados dos seus exercicios, así como na docencia do día a día.
-          Analizando diferentes temáticas relacionadas coa muller:
-          Miraron a diferenz das mulleres que traballaron na sanidade pública e na privada. Pasaron estes datos a gráficos.
-          Analizaron o reparto de tarefas domésticas no fogar, tomando como mostra o edificio no que vivía un alumno e comparando os resultados con datos europeos. Pasaron todo isto a gráficos.
-          Analizaron a diferenza de salarios entre homes e mulleres, con datos de internet.
-          Analizaron a evolución das mulleres no exército nun período de 10 ano. Pasaron estes datos a gráficos.
-          Analizaron os deportes practicados por alumnos e alumnas de 2º da ESO.
-          Analizaron e pasaron a gráficos as distintas opcións escollidas ao rematar a ESO. Pasáronlle ao alumnado de 4º da ESO a enquisa coa que logo traballaron; polo tanto, manexaron sempre a poboación enteira.

Ademais da reflexión levada a cabo sobre o papel das mulleres nas matemáticas e na ciencia, traballouse para que as mulleres asumiran traballos de responsabilidade en todas as actividades, unha alumna foi a encargada de presentar a conferencia de "Mundos Matemáticos", unha alumna de cinco participou na Olimpiada Matemática de 2º ESO e no Canguro Matemático. Que é moi difícil!











A REVISTA RAÑOLA


Acaba de saír do prelo a revista Rañolas, todo un clásico do IES Otero Pedrayo.

María Fernández Montes é a responsable de coordinar todos os artigos escritos, practicamente na súa totalidade, por alumnado do noso centro. Como non podía ser doutra forma, a nosa revista ten unha forte ideoloxía feminista e nela aparecen artigos como: “Feminismo. 8M”, “O fútbol feminino”, “A xestión subrogada” , poemas ilustrados como “Advertíroncho!”ou ”Liberdade” ou completas reportaxes sobre Luns ou Matria

No Otero Pedrayo non perdemos a ocasión de espallar respecto e igualdade.  Animámosvos a que a leades porque, de verdade, paga a pena. 









lunes, 24 de junio de 2019

AS CLASES DE INGLÉS, CON RESPECTO E IGUALDADE



Os 365 días de respecto e igualdade estiveron presentes nas aulas de inglés ao longo de todo o curso. Describimos, a continuación, algunhas das actividades levadas a cabo:

Na primeira avaliación, en 2º ESO B, vimos a película “Hidden Figures” e posteriormente realizamos unhas actividades en parella ou pequeno grupo que consistían en explicar o título da película, falar dos logros de cada unha das protagonistas e as dificultades as que se enfrentaron. Tamén comentamos a súa escena favorita e finalmente buscaron máis información sobre estas tres mulleres que tiveron un papel tan relevante na NASA e que son un referente para as nosas xeracións.(Ver documento con actividades e respostas dos alumnos)
Tamén na primeira avaliación,en todos os grupos de segundo de ESO, nunha unidade relacionada coas profesións escoitamos a canción de Shania Twain “She’s not just a pretty face” , nela vimos como as mulleres poden realizar todo tipo de traballos. Analizamos o título da canción e levamos a cabo un pequeno debate.” Do you think women can do the same jobs as men? Do you think women nowadays have the same opportunities to find a job as men?” Asemade, nas imaxes que se empregaron nesta unidade didáctica:flashcards e presentacións power point podíamos ver tanto a homes como mulleres realizando as mesmas profesións. (Ver documento coa canción e as actividades realizadas)
Na segunda avaliación, os alumnos preparon presentacións power point que posteriormente expuseron na aula . Ao rematar , o resto dos alumnos facían preguntas sobre a mesma. Entre os temas propostos un deles era “Gender Equality”, dous grupos trataron este tema;( Ver presentacións)
Na terceira avaliación, nunha das unidades didácticas falamos do deporte e en todo momento empregáronse imaxes e vídeos nos que se podían ver tanto a homes como mulleres. Unha das actividades consistía en ver un vídeo titulado “Like a girl”. Vimos as imaxes de varias persoas e deduciron o que estaban a facer “ Bailando, atusando o cabelo… “ Comprobamos que en realidade están correndo, lanzando , loitando... Aquí demóstrase que todavía hai prexuízos con respecto ás mulleres e o deporte, xa que cando lle piden a varias persoas que corran como unha rapaza, loiten como elas… fanno dun xeito despectivo. ( Ver vídeo e actividades) Tras un pequeno debate ”Why does “like a girl” can be an insult?-Do you think that girls can do the same sports as boys?” buscamos información acerca de mulleres deportistas e posteriormente fixemos unha posta en común.


martes, 4 de junio de 2019

TRATA E PROSTITUCIÓN FEMININA

         Dentro do Plan de Innovación Educatica Proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado de 4º da ESO tivo o privilexio de asistir a unha charla sobre a trata e a prostitución feminina, impartida pola Fundación Amaranta. a finalidade desta fundación é favorecer a integración persoal e a incorporación social de mulleres afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión. Grazas, Lidia, por mostrarlle esta realidade tan dura ao noso alumnado. Parabéns polo voso traballo.