lunes, 24 de junio de 2019

AS CLASES DE INGLÉS, CON RESPECTO E IGUALDADE



Os 365 días de respecto e igualdade estiveron presentes nas aulas de inglés ao longo de todo o curso. Describimos, a continuación, algunhas das actividades levadas a cabo:

Na primeira avaliación, en 2º ESO B, vimos a película “Hidden Figures” e posteriormente realizamos unhas actividades en parella ou pequeno grupo que consistían en explicar o título da película, falar dos logros de cada unha das protagonistas e as dificultades as que se enfrentaron. Tamén comentamos a súa escena favorita e finalmente buscaron máis información sobre estas tres mulleres que tiveron un papel tan relevante na NASA e que son un referente para as nosas xeracións.(Ver documento con actividades e respostas dos alumnos)
Tamén na primeira avaliación,en todos os grupos de segundo de ESO, nunha unidade relacionada coas profesións escoitamos a canción de Shania Twain “She’s not just a pretty face” , nela vimos como as mulleres poden realizar todo tipo de traballos. Analizamos o título da canción e levamos a cabo un pequeno debate.” Do you think women can do the same jobs as men? Do you think women nowadays have the same opportunities to find a job as men?” Asemade, nas imaxes que se empregaron nesta unidade didáctica:flashcards e presentacións power point podíamos ver tanto a homes como mulleres realizando as mesmas profesións. (Ver documento coa canción e as actividades realizadas)
Na segunda avaliación, os alumnos preparon presentacións power point que posteriormente expuseron na aula . Ao rematar , o resto dos alumnos facían preguntas sobre a mesma. Entre os temas propostos un deles era “Gender Equality”, dous grupos trataron este tema;( Ver presentacións)
Na terceira avaliación, nunha das unidades didácticas falamos do deporte e en todo momento empregáronse imaxes e vídeos nos que se podían ver tanto a homes como mulleres. Unha das actividades consistía en ver un vídeo titulado “Like a girl”. Vimos as imaxes de varias persoas e deduciron o que estaban a facer “ Bailando, atusando o cabelo… “ Comprobamos que en realidade están correndo, lanzando , loitando... Aquí demóstrase que todavía hai prexuízos con respecto ás mulleres e o deporte, xa que cando lle piden a varias persoas que corran como unha rapaza, loiten como elas… fanno dun xeito despectivo. ( Ver vídeo e actividades) Tras un pequeno debate ”Why does “like a girl” can be an insult?-Do you think that girls can do the same sports as boys?” buscamos información acerca de mulleres deportistas e posteriormente fixemos unha posta en común.


No hay comentarios:

Publicar un comentario