A biblioteca foi unha das pezas claves no desenvolvemento do Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade.
Os 25
minutos do Plan Lector que o alumnado ten todos os días, servíronnos para introducir lecturas
sobre xénero durante as xornadas organizadas arredor do
25N e 8M. Creamos batallóns literarios que ían lendo textos escollidos con
diferentes temáticas relacionadas coa muller, polas diferentes aulas do
instituto. Foi unha actividade que tivo enorme éxito.
Tamén desde
a Biblioteca se continuou coa actividade de abordar unha liña temática para cada mes do
curso. Os fondos relacionados co tema en cuestión colocáronse, durante un
mes, na mesa central habilitada para exposicións temporais. Preparáronse
carteis informativos sobre
o asunto e
permitíuselle ó alumnado acceder a uns fondos polos que, noutras
circunstancias, non se interesaría. A temática da muller estivo presente no mes
de novembro e no mes de marzo.
Esta liña
temática viña acompañda de exposicións temporais. Estas exposicións
estiveron cheas de suxestións, de información sobre os temas tratados en cada
ocasión, de material bibliográfico; de alusións ás distintas efemérides e
acontecementos que se foron producindo ó longo do ano, así como de material
bibliográfico relacionado con todos os acontecementos e con todos os temas
tratados. No mes de novembro e no mes de marzo, estas exposicións estiveron
relacionadas coa muller:
Novembro:
A eliminación da violencia contra as mulleres.
Marzo: Día internacional
da muller. A arte e a Ciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario