martes, 4 de junio de 2019

TRATA E PROSTITUCIÓN FEMININA

         Dentro do Plan de Innovación Educatica Proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado de 4º da ESO tivo o privilexio de asistir a unha charla sobre a trata e a prostitución feminina, impartida pola Fundación Amaranta. a finalidade desta fundación é favorecer a integración persoal e a incorporación social de mulleres afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión. Grazas, Lidia, por mostrarlle esta realidade tan dura ao noso alumnado. Parabéns polo voso traballo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario