martes, 25 de junio de 2019

AS MATEMÁTICAS, POLA IGUALDADE!




As clases de matemáticas tamén son feministas! Ao longo de todo o curso, o noso alumnado traballou arreo con actividades de índole moi distinta. Defenderon o respecto e a igualdade: 

1ª AVALIACIÓN
-          Utilizando SEMPRE  linguaxe inclusiva nos enunciados dos seus exercicios, así como na docencia do día a día.
-           Traballando  na aula a figura de  importantes  mulleres matemáticas, desde Hipatia de Alejandría á iraní Maryam Mirzakhani,  primeira muller en conseguir a medalla Fields, en 2014. O alumnado fixo traballos sobre todas elas. Sempre se insistiu na dificultade que as mulleres científicas sufriron ao longo de todos os tempos.
-          Visionado da película: The imitation game (“Descifrando el enigma”), que trata sobre a dificultade que ten unha muller que quere participar nun  proxecto de alto estado e, polo feito de ser muller, atópase con mil atrancos. Fíxose un debate posterior co alumnado reflexionando sobre esta situación.

2ª AVALIACIÓN
-          Utilizando SEMPRE  linguaxe inclusiva nos enunciados dos seus exercicios, así como na docencia do día a día.
        O 7 de marzo leuse na clase un trozo dun capitulo de "Mujeres, manzanas y matemáticas. Entretejidas" de Xaro Momdedeu Moreno, no que se relata como a princesa Dido funda Cartago resolvendo o problema isoperimétrico, para revindicar a intelixencia feminina e falamos de outras matemáticas na historia. 

-          Traballando a estatística con gráficos nos que o alumnado analizou, por un lado, as vítimas de violencia de xénero nos últimos 10 anos e, por outro, a violencia de xénero no ano 2018, mes a mes.

3ª AVALIACIÓN
-          Utilizando SEMPRE  linguaxe inclusiva nos enunciados dos seus exercicios, así como na docencia do día a día.
-          Analizando diferentes temáticas relacionadas coa muller:
-          Miraron a diferenz das mulleres que traballaron na sanidade pública e na privada. Pasaron estes datos a gráficos.
-          Analizaron o reparto de tarefas domésticas no fogar, tomando como mostra o edificio no que vivía un alumno e comparando os resultados con datos europeos. Pasaron todo isto a gráficos.
-          Analizaron a diferenza de salarios entre homes e mulleres, con datos de internet.
-          Analizaron a evolución das mulleres no exército nun período de 10 ano. Pasaron estes datos a gráficos.
-          Analizaron os deportes practicados por alumnos e alumnas de 2º da ESO.
-          Analizaron e pasaron a gráficos as distintas opcións escollidas ao rematar a ESO. Pasáronlle ao alumnado de 4º da ESO a enquisa coa que logo traballaron; polo tanto, manexaron sempre a poboación enteira.

Ademais da reflexión levada a cabo sobre o papel das mulleres nas matemáticas e na ciencia, traballouse para que as mulleres asumiran traballos de responsabilidade en todas as actividades, unha alumna foi a encargada de presentar a conferencia de "Mundos Matemáticos", unha alumna de cinco participou na Olimpiada Matemática de 2º ESO e no Canguro Matemático. Que é moi difícil!











No hay comentarios:

Publicar un comentario