O
8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e no IES Otero
Pedrayo preparamos unha semana de actividades arredor desta data.
Comezamos
o propio día saíndo ao Xardín do Posío e explicando brevemente o por que da celebración. Logo, varias alumnas leron o
manifesto do noso centro. A continuación, fixemos xogos cooperativos en
igualdade e, por último, colocamos a pancarta no balcón do Otero. O
lema é simple e directo: POLA IGUALDADE.
A
partir daí, virá unha semana cargada de actividades, das que vos
iremos dando conta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario