Luns,
de Eli Ríos, foi o libro escollido para que familias, alumnado e
profesorado lera no club de lectura que puxemos en marcha no IES Otero
Pedrayo. É unha das moitas actividades incluídas dentro da programación do Día Internacional da Muller.
O luns, 17 de marzo, reunímonos no Paraninfo coa escritora para pór en
común aspectos do libro, e non só. Aproveitando a temática da
violencia de xénero que trata a novela, creamos un espazo de
debate, de reflexión, de sororidade.
Foi
unha experiencia tremendamente enriquecedora que repetiremos moitas
máis veces. Seguro.
Grazas
a todas e a todos por participar e grazas a Eli Ríos polo seu
compromiso, por estar sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario