O departamento de orientación é clave neste proxecta Polos 365 días de respecto e igualdade que estamos a desenvolver no noso centro. Ao longo de todo o curso escolar ten unha completísima programación que ten como obxectivo principal a busca da igualdade entre nenos e nenas.
Son varias as asociacións que colaboran con nós no desenvolvemento deste programa, desde a Cruz Vermella Xuventude, APES (Asociación, Prevención e Educación Social) ou a propia Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.
Do mesmo xeito, son moitas as temáticas que tratamos nas titorías a través das voluntarias e voluntarios que as anteriores asociacións nos mandan. Este abano de temas esténdese por toda a ESO, desde o 1º curso ata 4º. Destacaremos, por exemplo, o de:
- Acoso escolar
- Introdución á diversidade
- Igualdade de xénero
- Diversidade sexual
- Violencia de xénero
- Discriminación por razón de identidade sexual e/ou de orientación
- Etc.
Son charlas, obradoiros, xogos, vídeos... cos que os rapaces e rapazas están encantados e encantadas. Graza a Isabel Blanco, responsable do departamento de orientación, polo magnífico traballo que desenvolve no IES Otero Pedrayo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario