A
programación arredor do 8 de
marzo, Día Internacional da muller, segue a dar froitos.
Nesta ocasión, foi un curso
básico de defensa persoal a actividade que puideron disfrutar
as alumnas de 2° Bac.
Un
instrutor da Policía, Luis Robles, foi o encargado de darlles ás
nosas rapazas unhas nocións básicas de como evitar unha posible
agresión física. Despois de darlles uns breves consellos teóricos,
practicaron como liberarse dun posible agresor en diferentes
situacións nas que, oxalá que non, puideran verse algún día. Foi
toda unha experiencia.
Recomendable
100%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario